EGAP

Nova convocatoria do Curso superior de formación do técnico na Administración local

 19/09/2013
 Compartir: 

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca no DOG núm. 170, do 6 de setembro de 2013, o V Curso de Formación en Administración Local; unha actividade formativa realizada en colaboración coa Dirección Xeral de Administración Local, a Federación Galega de Municipios e Provincias e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia. Prazo de inscrición ata o 31 de outubro.

Este curso ten como finalidade dar unha visión actualizada e completa, dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento do traballo do técnico no ámbito da Administración local. Ademais, busca afianzar os coñecementos dos técnicos que xa exercen as súas funcións neste sector, así como presentar de forma estruturada todas as materias que afectan ao día a día da Administración local.

Número de prazas: 50

Destinatarios: empregados públicos das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica coma local, e das universidades do Sistema universitario de Galicia (15 prazas); profesionais (15 prazas); enxeñeiros de camiños colexiados (15 prazas); e estudantes de enxeñaría de camiños, canais e portos precolexiados (5 prazas).

Duración: 120 horas, entre entre o 10 de xaneiro e o 26 de abril de 2014

Lugar: aula de formación do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, na praza da Milagrosa, núm. 2, entresollado, A Coruña.

Horario: venres de 16.00 a 20.30 horas e sábados de 9.30 a 14.00 horas

Prazo de inscrición: ata o 31 de outubro

Lugar de inscrición: http://egap.xunta.es/cursoTecnicoLocal

Máis información: PU14001

O curso comezou, coa súa primeira edición, no ano 2007. Orixinalmente, o curso estaba dirixido exclusivamente aos enxeñeiros de camiños e aos alumnos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña. Non obstante, os organizadores do curso, conscientes de que o traballo municipal é interdisciplinar, consideraron conveniente abrir o curso a todo tipo de técnicos, especialmente aos funcionarios con habilitación de carácter nacional, posto que a incorporación de persoal responsable das funcións públicas necesarias e reservadas achegará, sen dúbida, unha nova perspectiva ao modo de tratar as materias do curso e logrará a interrelación entre todos os axentes do traballo municipal.

Últimos estudios

Conexión al Diario

Publicaciones

Lo más leído:

  1. Actualidad: Nueva convocatoria de 300 plazas de Bomberos de la Generalitat
  2. INAP: Nuevas acciones formativas en modalidad «A tu Ritmo»
  3. Actualidad: Carlos Pollán se reúne con Inetum y explora el uso de las nuevas tecnologías para avanzar en la desregulación y simplificación administrativa
  4. Estudios y Comentarios: La configuración del arbolado urbano como bien jurídico colectivo: análisis de la Ley 7/2025, de 16 de diciembre, de protección del arbolado urbano y del arbolado de especial protección de Canarias
  5. Tribunal Supremo: No procede incluir a los titulados en Veterinaria en la formación para el acceso a la especialidad de “Laboratorio Clínico” establecida en el RD 101/2025, al no guardar relación directa e inmediata con las funciones que aquellos tienen asignadas
  6. Actualidad: El SERIS alcanza un gran acuerdo en la Mesa Sectorial para la mejora de las condiciones de trabajo del personal sanitario
  7. Tribunal Supremo: El TS entiende que no se ha acreditado la existencia de un daño indemnizable en un supuesto en que se repercutió el tramo autonómico del Impuesto sobre Hidrocarburos a los adquirentes de combustible para el desarrollo de su actividad económica
  8. INAP: Disponible el boletín n.º 29 de la Comunidad de Formación de INAP Social
  9. INAP: Correcciones de errores en las valoraciones finales de los procesos selectivos para el ingreso como personal laboral fijo en el grupo profesional E0 (OEP 2020 y 2021)
  10. Legislación: Acuerdo de derogación del Real Decreto-ley 21/2026

 

Atención al usuario: publicacionesinap.es

© INAP-2026

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI: abre una nueva ventana