A EGAP convoca cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal da Administración local

 11/07/2013
 Compartir: 

A EGAP pon en marcha sete cursos en teleformación dos niveis medio e superior do curso de linguaxe administrativa galega, destinados exclusivamente aos empregados públicos que traballen nas entidades locais de Galicia. Prazo de matrícula: do 3 de xullo ás 8 horas ata o 12 de xullo ás 14 horas

Cursos convocados: Curso de linguaxe administrativa galega de nivel medio (4 edicións) e Curso de linguaxe administrativa galega de nivel superior (3 edicións)

Modalidade: teleformación

Destinatarios: empregados públicos e empregadas públicas destinados na Administración local de Galicia e que se atopen en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar.

Prazas: 30 por edición

Número máximo de solicitudes: 1 (serán excluídas automaticamente aquelas persoas que presenten máis dunha solicitude).

Prazo de matrícula: do 3 de xullo ás 8 horas ata o 12 de xullo ás 14 horas

Fichas da actividade: LO13002 e LO13003

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2013 pola que se convocan cursos de linguaxe administrativa galega para persoal ao servizo da Administración local de Galicia.

Matrícula.

Últimos estudios

Conexión al Diario

Publicaciones

Lo más leído:

 

Atención al usuario: publicacionesinap.es

© INAP-2026

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI: abre una nueva ventana