A Escola Galega de Administración Pública pon en marcha unha nova modalidade formativa

 05/08/2013
 Compartir: 

O DOG núm. 137, do 19 de xullo de 2013, publica a resolución pola que se convoca o programa de autoformación destinado ao persoal ao servizo da Administración autonómica galega. A través desta acción, a EGAP vai explotar as posibilidades que ofrecen na actualidade as tecnoloxías da información e da comunicación, o cal, á súa vez, lle permitirá satisfacer a elevada demanda existente canto á formación, permitindo que calquera empregado público da Administración autonómica poida acceder a uns contidos formativos actualizados e de calidade.

Mediante este programa daráselles aos empregados públicos a opción de gozar dunha aprendizaxe autónoma e flexible que, ao mesmo tempo, lles permita unha actualización permanente dos seus coñecementos.

O persoal da Administración autonómica galega que desexe participar no programa de autoformación dispón de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra. Por unha banda pode acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP e por outra pode solicitar presentarse ás probas de avaliación. Polo tanto, o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco requisito para matricularse nelas.

A diferenza do que sucede nos cursos de teleformación, o dito programa de autoformación está deseñado para que os discentes poidan adquirir coñecementos dunha materia concreta sen titorización. Deste xeito, o alumnado dispón da liberdade necesaria para elaborar o seu propio plan de aprendizaxe, sen o condicionamento dos prazos. A maiores, esta modalidade conserva os aspectos positivos da teleformación ao permitir unha aprendizaxe non ligada a restricións temporais ou de lugar -o acceso é posible en calquera momento desde calquera dispositivo con conexión á internet-.

O programa de autoformación

As actividades formativas incluídas no plan de autoformación da Escola estarán compostas por contidos multimedia actualizados, material complementario e, dado que non existirá a figura do titor, por cuestionarios de corrección automática, os cales facilitarán unha aprendizaxe autónoma máis efectiva.

En total, poranse en marcha dez cursos, dos cales sete son novidades formativas, xa que non foron convocados anteriormente pola Escola. Estes títulos abarcan as principais áreas da formación de relevancia dentro do eido público, ao integrar módulos relativos á administración, ás novas tecnoloxías, á redacción de documentos ou á igualdade.

As probas de avaliación

Como parte deste programa, a EGAP ten previsto darlles a posibilidade aos alumnos de acreditar os seus coñecementos. Deste xeito, o mero acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dará dereito á expedición dun certificado, pero si que se lles permitirá aos empregados públicos a posibilidade de obtelo a través dunha proba presencial.

Así, a EGAP convocará probas presenciais para poder conceder certificados de equivalencia. Para presentarse a estas probas non será requisito previo ter accedido ao programa de autoformación, do mesmo xeito que o acceso aos contidos das actividades do dito programa non implica a obriga de presentarse a estes exames.

Resolución pola que se convoca o programa de autoformación destinado ao persoal ao servizo da Administración autonómica galega.

Últimos estudios

Conexión al Diario

Publicaciones

Lo más leído:

  1. Estudios y Comentarios: Efectos procesales del silencio administrativo, ¿una garantía para el ciudadano?
  2. Tribunal Supremo: Si un tercero adquiere un inmueble afecto al pago de una deuda tributaria dentro del plazo de cinco años desde la inscripción en el Registro de la Propiedad de la nota marginal de afección, se le podrá declarar responsable subsidiario de la deuda
  3. Actualidad: Se convocan 261 plazas para distintos perfiles profesionales en diferentes ministerios
  4. Tribunal Supremo: En los contratos de servicio público de concesión de transporte regular de viajeros de uso general por carretera tienen aplicación preferente las normas especiales de servicio público de transporte terrestre de viajeros sobre las generales de contratación pública
  5. INAP: El Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública ha convocado un proceso selectivo que incluye cuatro plazas con destino en el INAP
  6. Tribunal Supremo: Confirma el TS que por efecto de la DA 41.ª de la Ley de Contratos del Sector Público, los servicios de arquitectura tienen la consideración de prestaciones intelectuales, por lo que los criterios de calidad deben alcanzar al menos el 51 % de la puntuación
  7. INAP: CPS: Llamamiento extraordinario para la realización del ejercicio único y del primer y segundo ejercicio de las pruebas selectivas
  8. Legislación: Régimen jurídico de las entidades del Tercer Sector de Acción Social colaboradoras con la Administración General del Estado
  9. Legislación: Ayudas del año 2026-2027 para facilitar a las personas menores de cuarenta años la adquisición en régimen de propiedad de una vivienda
  10. Legislación: Puestos de difícil cobertura de determinado personal estatutario con título de especialista en ciencias de la salud del Servicio Gallego de Salud

 

Atención al usuario: publicacionesinap.es

© INAP-2026

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI: abre una nueva ventana